Para ver o estado das túas partidas en marcha, selecciona a icona na esquina inferior esquerda da pantalla de inicio. Alí tamén poderás ver o estado das partidas rematadas que gañases ou perdeses e as partidas que están pendentes da aprobación dos teus rivais. Se tes máis dunha partida en calquera destas categorías, terás que despregar o menú que se atopa na esquina superior dereita de cada recadro. Na sección "Partidas rematadas" poderás volver a xogar contra o mesmo rival seleccionando "Desquite".