Durante a partida, poderás empregar diversas axudas para atopar palabras, aumentar os seus puntos e deter o tempo da rolda. Na parte inferior da pantalla verás as seguintes:
Revelador: Sinala unha palabra no taboleiro de xogo e o camiño para formala.
Duplicador: Permíteche duplicar os puntos das palabras que atopes no taboleiro durante 20 segundos.
Orientador: Suxire palabras que se atopan no taboleito para que as identifiques e deletrees durante 20 segundos.
Paralizador: Detén o tempo durante 20 segundos.
Axilizador: Cada letra que premas (indicada pola axuda) formará unha palabra automaticamente.