A sección "Opcións" atópase na parte superior dereita da pantalla, e está representada polo debuxo dunha porqueta.
Nesta sección atoparás a seguinte información:
O teu nome de usuario e correo electrónico. Á dereita da información verás unha frecha que che permitirá establecer e modificar o teu contrasinal.
A opción de ligar e desligar a túa conta a un perfil de Facebook. Se creaches a túa conta cun correo electrónico, poderás ligala a un perfil de Facebook. Se a conta xa está ligada, aquí tamén poderás ocultar o teu nome e a túa imaxe de perfil nesta rede social.
Axuda. Premer no botón "Axuda" levarache ó noso Centro de Axuda, no que poderás solucionar dudas, informar de problemas e ofrecer suxestións.
Pechar sesión. Para pechar a sesión, selecciona o botón vermello coa lenda "Pechar sesión".
Música e efectos de son. Poderás activar ou desactivar a música e os efectos de son do xogo.