Para comezar a xogar, selecciona "Nova partida" na parte inferior da pantalla. Alí, verás unha sección na cal poderás escoller a un rival, que poderá estar na túa lista de amigos (se creaches a túa conta cun perfil de Facebook) ou ser un xogador aleatorio se elixes "Ó azar". Alí tamén verás o botón "Convidar", co que poderás convidar a amigos mediante outras aplicacións, e o botón "Actualizar", que engade rivais novos á lista.
Cando elixas a un rival, preme "Xogar" para comezar a partida. Se é a túa primeira partida, verás un breve tutorial que che explicará como xogar e como funcionan os multiplicadores e as roldas da partida.